Free cookie consent management tool by TermsFeed
Film Commission

Silencio ródase

Xavier Villaverde

Se hai unha cidade misteriosa, para min é Santiago. Cando cae a noite, as súas rúas baleiras e sen turistas, envoltas nas sombras, a choiva e a néboa, convértense nun labirinto fascinante de sensacións e ecos que tentei reflectir parcialmente na película "Trece badaladas". Tras pasar tres ou catro meses na cidade preparando e rodando esa película, hai algo dela que xa sempre irá comigo, porque Santiago é unha cidade estraña que se che mete dentro e se apodera de ti, sen que poidas explicarte exactamente como, por que e de que maneira. ¿Será, como bromeabamos durante a rodaxe, o gas radon que sae das pedras apoderándose da vontade do que o respira?

Xavier Villaverde
Director de "Trece badaladas"