Free cookie consent management tool by TermsFeed

Santiago de Compostela, lugar de encontro milenario

Santiago de Compostela é a meta da máis importante ruta de peregrinación europea, O Camiño de Santiago. Dende o século X, millóns de peregrinos atravesaron o continente ata alcanzar a Cidade Santa do antigo fin do mundo, nunha ruta espiritual que construíu a Europa e que se mostra cada vez máis viva.

No século XXI, Santiago sigue cultivando o seu encanto, a súa riqueza patrimonial, a xenerosidade e o amor polas cousas ben feitas, para ofrecer experiencias inesquecibles a todos os que se acercan.

Avalannos máis de mil anos de experiencia na recepción e coidado dos nosos visitantes.

Non moitos destinos poden decir o mesmo.

 

Pequena gran cidade

As súas pequenas dimensións, a súa vida cotidiana sinxela e a seguridade fan de Santiago de Compostela unha cidade amiga, encantadora e cálida; fácil de entender e percorrer.

 

Cinco séculos de coñecementos

Santiago é unha cidade universal, universitaria, investigadora e creativa.

A Universidade compostelá, cinco veces centenaria, é o eixe reitor da actividade científica da cidade, e principal motor da actividade congresual en Santiago de Compostela, xunto co sector médico-sanitario.

 

Cidade de Congresos

Como meta de reunións e congresos, Santiago é a sede perfecta para os máis variados eventos profesionais.

O aeroporto internacional, a tan só 15 minutos do centro histórico, conecta a cidade coas principais cidades españolas e europeas.

Dispón dunha singular pranta hoteleira con máis de 3.000 habitacións - 2.400 delas en hoteis de máis de tres estrelas- e ofrece gran variedade de infraestructuras para eventos profesionais, dende grandes auditorios a espazos monumentais e culturais.