Free cookie consent management tool by TermsFeed
imprimir caderno de viaxe

Goberno e institucións

Santiago de Compostela é a capital de Galicia e sé dos poderes executivo e lexislativo desta comunidade autónoma española, representados pola Xunta de Galicia e o Parlamento de Galicia, respectivamente. Como cidade, posúe ademais un órgano de goberno propio, o Concello de Santiago de Compostela.

Tras recoñecer a Constitución Española de 1978 os dereitos de Galicia como nacionalidade histórica, en decembro de 1980, el pobo galego votou favorablemente no referendo para a aprobación do Estatuto de Autonomía, cuxo artigo 9 atribúe o goberno da rexión ao Presidente, Parlamento e Xunta de Galicia.

O Parlamento é dende 1981 o máximo órgano representativo do pobo galego, que escolle aos seus 75 parlamentarios cada 4 anos. A potestade lexislativa, o control da acción executiva da Xunta de Galicia e a aprobación dos orzamentos da comunidade autónoma son algunhas das súas atribucións. A súa sé está na rúa do Hórreo compostelá.

A Xunta de Galicia , pola súa parte, é definida no Estatuto de Autonomía como o órgano colexiado de goberno de Galicia, que politicamente responde ante o Parlamento. Está composta polo Presidente –designado polo Parlamento-, vicepresidentes e os conselleiros designados polo presidente para encargarse das funcións administrativas traspasadas á comunidade autónoma, nos ámbitos de economía e facenda, xustiza, sanidade, educación, industria e comercio, desenvolvemento rural, pesca e asuntos marítimos, familia, asuntos sociais y emprego, emigración, cultura e turismo.

Finalmente, o goberno da cidade corresponde ao Concello de Santiago , cuxos 25 concelleiros, entre eles o Alcalde, son electos democraticamente desde 1979, en votacións ás que acoden os composteláns cada 4 anos. A sede consistorial está no Pazo de Raxoi, fronte á Catedral.

Os departamentos, organismos autónomos e empresas municipais do Concello ocúpanse da prestación de servizos moi diversos aos cidadáns, que van dende o abastecemento de auga e recollidas de lixo ate o transporte urbano e a promoción turística da cidade. Outros campos de traballo municipais son a xestión tributaria, o tráfico, a seguridade, o urbanismo e a rehabilitación, as relacións veciñais, sanidade e consumo, promoción económica, ambiente, educación, deporte e xuventude, festas, cultura, normalización lingüística e benestar social, entre outros.

 

Galería de imaxes

Goberno e institucións
Goberno e institucións