Free cookie consent management tool by TermsFeed
Santiago Natural
imprimir

Santiago Natural

A relación do centro urbano de Santiago coa contorna natural é excepcional. Desde case calquera punto da cidade ábrense perspectivas que descobren as verdes masas de arboledo dos parques urbanos, ou os prados e bosques dos montes circundantes.

A cidade aséntase entre tres montes principais –Pedroso, Viso e Gaiás- e componse de pequenos outeiros. Todas estas elevacións fan de miradoiros naturais sobre o núcleo urbano e a omnipresente Catedral.

Dous pequenos ríos, Sar e Sarela, circundan a cidade. Os carreiros que discorren polas súas ribeiras, outrora cubertas de muíños fluviais e de tradicionais fábricas de curtidos, xunto cos que percorren o parque forestal do monte Pedroso, e os montes Gaiás e Viso, conforman unha rede de agradables paseos naturais aos que se chega facilmente andando desde o centro.

En canto aos parques e espazos verdes, fala por si mesma a superficie dedicada a ese uso: máis de 5 millóns de metros cadrados -o que supón unha media de 50 m2 por habitante, superior á media europea-, que fan de Santiago unha cidade de gran calidade ambiental e paisaxística con múltiples recoñecementos ambientais.

Pero Santiago é moito máis que o seu núcleo urbano: a superficie municipal total é de 223 km2, que inclúen 21 parroquias rurais. Ademais, o municipio santiagués intégrase nunha comarca natural, regada por dúas dos principais ríos galegos, o Tambre e o Ulla -famosos polas súas troitas, escalos e salmóns-, moi aptos para a práctica de múltiples deportes de río, e con estupendas praias fluviaisáreas recreativas e sendeiros a menos de 15 minutos en coche.

SENDAS RECOMENDADAS

Para que poidas ter unha idea do atractivo natural de Santiago, aquí propoñemos un catálogo de 8 sendas naturais accesibles andando desde o centro da cidade, de curta e media duración e pouca ou ningunha dificultade, pensadas para realizar nun par de horas ou medio día como máximo e orientadas tanto a familias con peques, mascotas, persoas con mobilidade reducida, cicloturistas ou senderistas máis avezados.